MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



martes, 14 de junio de 2011

DIA DE PORTAS ABERTAS PARA O CAMPAMENTO

Dende alguns pais se nos ha pedido que fagamos un dia de portas abertas na primeira quincena do Campamento , para asi poder animar a algún neno que non ten claro iso de ir somentes a xogar o cole, establecendose o mercares 13 de xullo como dia de portas abertas , estara limitado  a un maximo de 10 nenos, que teran que ingresar a cantidade de 5€ na conta da ANPA, estableciendose o orden pola  fecha do ingreso.  Este dia de portas abertas establecese para animar os nenos a apuntarse o segundo turno do campamento que ainda ten plazas. Se estas interesado apuntate e fai o ingreso. O horario do campamento e de 9:30 a 14:30, coa opción individual dun servizo de almorzo (desayuno) co mesno horario e prezo que no periodo escolar, é decir horario de 8:00 a 9:30)
O ingreso farase na conta da ANPA,  indicando o nome do neno/a             conta nº  2080 0097 40 0040000852 de novacaixagalicia.
Vaise dotar ao campamento dunha piscina inchable duns 4m de diametro e 60cm de profundidade de auga, razón pola cal se pide autorización para que o neno/a poida bañarse e medios auxiliares de flotabilidade en caso de non saber manter a mesma. A piscina será usada por turnos e grupos de nenos/as, con vixilancia en proximidade dun monitor.
Para o uso da piscina e xogos de auga é preciso achegar segundo o programa que se vai facilitar un bañador e toalla.
Por favor, comunícate con nós, cubre o formulario e introdúceo no buzón da ANPA, enviao a anpacies@gmail.com ou chama ao móvil 649 557080 de luns a xoves de 16:00 a 18:00. Tamén podes deixar o teu comentario no BLOG da ANPA http://ampariadevigo.blogspot.com/.  Accede ao blog e poderás ver e baixarte fotos dos teus fillos.
Nome alunno:                                                         Nome do tutor:                   
Curso:                                                                       Dni:                                        Tlf contacto:
Sabe nadar:                                                            Sinatura:

CONCERTO PLABLO DIAZ

www.youtube.com/watch?v=-fDcMb00Tk0

I concurso TARTAS

actuacion TEATRO nais-pais dos alunnos do Ria de Vigo

jueves, 2 de junio de 2011

A NOVA CAMISETA DO COLE

ARTICULO PRA REVISTA DO COLE

                                                            

Neste curso mudarón algunhas das persoas da nosa directiva, aínda así tentamos manter o mesmo espíritu colaborador, participativo, emprendedor e de crítica constructiva co colexio, como as anteriores directivas.

Pedimos melloras nas instalacións do colexio aos distintos organismos, colaboramos en todas as actividades dentro cole que se nos permitiu, procurando axudar, nunca interferir no traballo dos mestres/as dos nosos fillos/as, crendo nas posibilidades da ANPA e das familias nas actividades conxuntas con alumnado e profesorado.

Para todos nós, é importante manter e potenciar entre toda a comunidade educativa os valores da confianza,  sinceridade,  respecto e xenerosidade.

Desde a ANPA principiamos unha nova canle de comunicación participativa co noso blog http://ampariadevigo.blogspot.com/ que agardamos faga un camiño propio coas vosas aportacións, seguindo o exemplo doutros fantásticos blogs do colexio.

Imos cambiar o nome da ANPA de illas cíes para ser a ANPA do C.E.I.P. ría de Vigo xa que o nome anterior inducía a graves erros con outro colexio.

Manteremos as actividades extraescolares xa que son actividades lúdicas e deportivas de gran aceptación. Trataremos de mellorar e xa estamos pensando noutras novas para o vindeiro curso. É xusto agradecer o valor e implicación dos monitores (María, Montse, Mónica, Laura e Antonio...) sinceiramente, Grazas!
                                
Igual ca en anos anteriores, ímonos volcar coa festa de fin de curso, a celebrar o vindeiro sábado 18 de xuño.
O Programa será o que segue:
12:30 h. Actuacións de danza
13:30 h. Actuación do grupo de teatro “Os Golfiños Titiriteiros” (Pequenos)
14:00 h. Chorizada
14:30 h. Xantar
15.00 h. Concurso de sobremesas (degustación e votación de todos os asistentes á Festa e entrega do premio aos gañadores/as)
15.30-17.30 h. inflables
15.30-17.30 h. tómbola
17:00 h. Actuación de taekwondo
17.30 h. Actuación de multideporte
18.00 Actuación do grupo de teatro “Os Golfiños Titiriteiros” (Maiores)                             
18:30 h. Actuación do grupo de teatro 
19:30 h. Actuación do grupo Pablo Díaz

Estades convidados, e desde a ANPA animámosvos a que vos xuntedes con nós para xantar. Deste xeito, poderemos estar no cole e pasar unha boa xornada mentres os nosos  pequenos pásanno en grande coas actividades propostas.

Nese día podedes traer a comida de casa ou mercarla na tenda da ANPA. Haberá empanadas, pizzas, bocadillos, bebidas, etc. Quen merque unha Pizza grande levará de balde a bebida. O que se recaude servirá para sufragar as actuación e os gastos da festa.

Tamén celebraremos o 1º Concurso de sobremesas do Ría de Vigo. Todo aquel que participe terá que traer un postre caseiro que estará exposto para que o deguste todo aquel que quera ser xurado. O gañador/a levará un gran premio.

Este ano a ANPA fixo un grande esforzo para traer a festa a actuación do grupo Pablo Díaz que  presentará o seu disco Tic, Tac… Non o perdades!!                 

VOS ESPERAMOS!

Como sabedes estamos a traballar duro na organización do 1º campamento de Verán a desenvolver no colexio. Cremos que vai ser unha grande experiencia para os nenos e nenas e una boa alternativa de lecer nas vacacións.

Agradecemos especialmente a todas as familias que se asociaron a ANPA neste curso, confiando e apoiando o noso traballo. Animamos ás que non o fixeron a que o vindeiro curso se asocien e traballen con nós. Tamén animamos a colaborar na propia directiva da ANPA a quen quera e poda.

Pronto comenzan as vacacións de verán para a escola, e desde a ANPA desexamos que podades compartir o maior tempo con vosos fillos e fillas.

Un agarimoso saúdo,                                                                              
A directiva da ANPA do C.E.I.P. Ría de Vigo.