MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 27 de julio de 2011

Orgullosos do noso Cole

Orgullosos do noso Cole !

Sabedes que no noso Cole temos.....

o    Unha magnífica Biblioteca onde, a través de diferentes programas, os mestres axudan ós nosos nenos a achegarse ó mundo da lectura e dos libros desenvolvendo moitos proxectos. Este ano levouse a cabo o proxecto “Os tesouros dos Bosques” e celebrouse o Día do Libro, o Día do Teatro e o Día de Rosalia. Tamén desenvólvense experiencias como “Hora de ler” a “Mochila Viaxeira”. Tivemos visitas de escritores, contacontos e ilustradores.
o    Seccións Bilingües grazas á cal, as aulas de 2º ciclo dan as clases de plástica en língua inglesa, permitindo ademais que se conte no cole cunha auxiliar de conversa
o    Unha WEB onde todos podemos acceder e disfrutar de todas as actividades que no cole se desenvolven. Na WEB tamén atopamos os Blogs que os nosos mestres tanto traballan para que todos poidamos ter toda a información de Infantil, Inglés, Música, Biblioteca, Sección Bilingue, etc.
o    Un comedor escolar con Cociña propia e un transporte escolar gratuíto.
o    Unha revista do Cole: Faro da Ria
           
Sabedes que no noso Cole fanse.....

o    Proxectos Educativos en Educación Infantil e outros niveis, a través dos cales os pequenos aprenden dun xeito activo e participativo. Un bo exemplo é o Proxecto conxunto que Ed. infantil e 1º ciclo de primaria adicaron a Eric Carle o curso pasado e que foi galardonado co Premio Innovación Educativa polo excelente traballo realizado polas mestras.
o    Proxectos para presentarse a convocatorias. Un deles foi o recentemente concedido para a participación nun  Campamento de Inmersión Lingüística (Inglés) no vindeiro mes de outubro polo alumnado de 6º curso.
o    Teatro. Este ano coa producción de “Moito ruído e poucas noces”, de W. Shakespeare, en língua inglesa
o    O proxecto “Son dun pobo, son dunha escola” no que os nosos nenos comparten escenario coa Banda Música de San Miguel nunha producción sociocultural conxunta.
o    O proxecto “Facendo escola”, proposta que busca o compromiso social do alumnado do centro cara ó seu entorno a través do coñecemento e posterior actuación sobre colectivos ou situacións determinadas. Recoñecido polo Ministerio de Educación e presentado polo profesorado no Congreso de Convivencia Escolar en Mallorca .
o    Programa “Voz Natura” no que o noso Cole foi gañador hai cinco anos.
o    Experiencias como a Biblioteca de Verán na que traballa profesorado do centro ata o día 4 de Xullo (vacacións)
o    Numerosas saídas educativas: Bombeiros, Policía Local, Zoo, Praia, Porto de Vigo, Domus, Acuario A Coruña, etc.
o    Festas e conmemoracions: Magosto, Entroido, Nadal, Semana da Prensa, Dia da Árbore, Dia da poesía, Semana do Libro, Letras Galegas, Dia da Paz, Festa de Fin de Curso, etc

Sabedes o que implica todas estas actividades.....

o    Moitas horas de traballo que non computan como tales por realizarse fora do horário lectivo e que, sen embargo, redundan en:
Ø  Unha mellor calidade educativa no noso cole recoñecida con importantes premios pola súa excelencia didáctica.
Ø  Uns mellores, e cada vez máis, servizos para os nosos nenos e as familias.
o    Moitas horas de traballo administrativo para un bo funcionamento do Cole e para que as familias teñamos máis doado o acceso á información, ás becas, ós libros, etc.
o    E case sempre con poucos medios e, sobre todo, escaso recoñecemento.

Pois nós non éramos conscientes de todo isto e agora sí o sabemos grazas á nosa actual implicación no día a día do Cole. Deste xeito queríamos compartilo con todos vos xa que, moitas veces, pasamos demasiado rápido póla escola e non reparamos e todo o que alí dentro acontece grazas ó traballo de, ademais dos nosos mestres, do persoal de cociña, persoal auxiliar, e persoal de limpeza. Estes feitos confírmannos que, ó contrario do que se dá a entender nos medios de comunicación e sociedade en xeral, o que para nós é o mellor sistema educativo, o ensino público de calidade está aquí e é real no noso cole a pesar dos intentos por desprestixialo socialmente. Tamén sabemos que somentes poderemos manter este tipo de ensino con vontade e traballo por parte de todos nós, a nosa comunidade escolar.  Deste xeito ninguén poderá quitarnos a satisfacción de decir... Estamos orgullosos do noso Cole !

Un Saúdo
A directiva da ANPA e representantes de nais/pais no Consello Escolar do CEIP Ría de Vigo­­­­­