MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 28 de septiembre de 2011

nota inicio curso 2011-12

Un saudo familias,                                                                                                                         Setembro 2011

Benvidos a novo curso escolar. Neste novo curso traballaremos todos xuntos para continuar mellorando o noso colexio.

O traballo da ANPA é posible grazas a aportación da cuota anual de 12€ que por familia e curso está establecida. Grazas a estes cartos podense desenvolver non só as actividades extraescolares, senón tamén e por exemplo a colaboración coas festas no centro (Magosto, Nadal, Fin de Curso, Día da Paz, etc.), a participación na Federación de ANPAS de Vigo, a intermediación e tramitación coas distintas administracións públicas para conquerir calquera mellora ou servicio para o colexio… Por todo iso apelamos ao voso deber e requerímosvos para que todas as familias ingresen, na conta do ANPA que especificamos nesta circular, a cuota establecida. En asamblea decidiuse manter a cuata anual anterior.

A nosa primeira xuntanza do curso será o vindeiro martes, 20 de setembro ás 18:00 h. na que falaremos das actividades extraescolares e do que se fará ao longo do curso. Contaremos con servizo de canguro para que atenda aos nosos nenos e nenas.

1.- As actividades darán comenzo o día 3 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2009.
2.- E obrigatorio o pagamento da cuota anual da ANPA para todos os nenos/as que se inscriban tanto nas actividades extraescolares, como no servizo “Espertar xogando”.
3.- Non se admitirá a inscrición nas actividades a ningún neno/a, se os pais teñen recibos pendentes de anos anterior.
4.- A inscrición nas actividades farese ata o xoves 26 de setembro. Antes desa data farase chegar a ANPA a folla de solicitude que achegamos, debidamente cumplimentada. Poderase mandar polo neno/a e entregarlla o/a tutor.
5.- Os pagamentos das actividades farase antes do día 10 de cada mes  na conta bancaria da ANPA.
6.- As baixas serán comunicadas antes do día 5 de cada mes, no caso contrario deberán aboar o mes completo.
7.- Serán baixa de xeito automático aquelas ou aqueles participantes que non teñan aboados os dous derradeiros meses.
8.- As novas inscripcións nas distintas actividades implicará comenzar na mesma no 1º día do mes seguinte.
9- O servizo de gardería ”Espertar xogando” desenvolverase polas mañáns dende ás 8 horas. Porase en marcha dende o comenzo ata o fin do curso, cun custo de 30€/mes. Se tedes que facer uso deste servizo algún día solto o prezo é de 3€ por día e non fai falta avisar nin anotarse, xa que o servizo funciona todos os día do curso. Esta actividades pagarase a través da conta bancaria ao igual que as outras sempre que se utilice o servizo o mes completo, os día soltos pagaranse a coidadora.

Conta da ANPA do C.E.I.P Ria De Vigo : nº 2080-5097-35-3040000858  NOVACAIXA  sucursal CANIDO

FAI XA o teu ingreso anual de 12€ por familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario