MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 30 de noviembre de 2011

OBRADOIRO DE CONTOS

A Federación de ANPAS de Vigo convida ós/ás nenos/as de Primaria (6/12 anos) dos colexios públicos de Vigo con o seu pai ou a súa nai a un obradoiro de construcción de personaxes de conto e representación “Constrúe un conto escenificado” que se desenvolverá durante dous días: o vindeiro xoves 22 de decembro  entre as 17.00 e as 19 horas e o venres 23 de decembro, entre as 17.30 e ás 18.30 horas no salón de actos do IME, no Camiño do Chouzo, 2, onde está a sede de FOANPAS.

A asistencia será por rigurosa orde de inscrición, con límite de 15 nenos co seu pai ou a súa nai ou outro familiar.
As familias deberán comunicar á Federación a súa asisitencia con prazo máximo ata o luns 19 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario