MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 18 de enero de 2012

NOTA INFORMATIVA ENERO 2.012

PISCINA 2º CUATRIMESTRE
Xa podedes facer o pago do 2º cuatrimestre da natación (30 € piscina de Valadares e 43 € piscina da Ramallosa), remata o prazo o Venres, 23 de Xaneiro.
Podedes pagar facendo o ingreso na conta da ANPA de Caixanova (nº 2080 0097 4 0 0040000852).
Pregamos que se os vosos fillo/as non van seguir nesta actividade nolo comuniquedes para que poidan ir outros nenos/as que están agardando por praza antes do dia 23
Os que queiran empezar neste cuatrimestre que se pasan pola ANPA antes do 23 de xaneiro.
Tamén podedes facer calquera das dúas comunicacións a través do correo electrónico

CHARLA PARA NAIS / PAIS
O equipo de orientación do noso cole e a ANPA está a organizar un obradoiro que impartirán o equipo de Prevención do Concello de Vigo.
O programa se chama "Máis que un teito" e  os temas que se van tratar  son: normas e límites, comunicación e resolución de conflitos. AS DATAS SERÁN: Xoves 15, Xoves 22 e Xoves 29 de Marzo de 18 a 20 horas nas instalacions do Cole.
Está dirixido para Nais e Pais de nenos de Primaria, xa que, as Nais e Pais de Infantíl  recibirán esta charla dentro da programación de este curso do equipo de orientación.

NOTA
Tamén queremos informar que o proxecto de celebrtar cumpreanos no Cole non se levará a diante xa que a Inspección de Educaión non deu o seu permiso. Tampouco porase en marcha a actividade de Ximnasia Acrobática xa que só se apuntaron dous nenos.