MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



jueves, 20 de septiembre de 2012

Benvidos a novo curso escolar 2012-2013

Benvidos a novo curso escolar. Neste novo curso traballaremos todos xuntos para continuar mellorando o noso colexio. O traballo da ANPA é posible grazas a aportación da cuota anual de 12€ que por familia e curso está establecida. Grazas a estes cartos podense desenvolver non só as actividades extraescolares, senón tamén, por exemplo, a colaboración coas festas no centro (Magosto, Nadal, Fin de Curso, Día da Paz, etc.), a participación na Federación de ANPAS de Vigo, a intermediación e tramitación coas distintas administracións públicas para conquerir calquera mellora ou servicio para o colexio… Por todo isto apelamos ao voso deber e requerímosvos para que todas as familias ingresen, na conta do ANPA que especificamos nesta circular, a cuota establecida. En asamblea decidiuse manter a cuata anual anterior. A nosa primeira xuntanza do curso será o vindeiro luns, 24 de setembro ás 18:00 h. na que falaremos das actividades extraescolares e do que se fará ao longo do curso. Contaremos con servizo de canguro para que atenda aos nosos nenos e nenas. Ese mesmo día pero as 17h faremos á inscripción para a pisciña.
O servizo de gardería ”Espertar xogando” desenvolverase polas mañáns dende ás 8 horas. Porase en marcha dende o comenzo ata o fin do curso, cun custo de 30€/mes. Se tedes que facer uso deste servizo algún día solto o prezo é de 3€ por día e non fai falta avisar nin anotarse, xa que o servizo funciona todos os día do curso. Esta actividades pagarase a través da conta bancaria ao igual que as outras sempre que se utilice o servizo o mes completo, os día soltos pagaranse a coidadora. Existe outra modalidade sen desayuno e dende as 9horas no que se abonan 10€ mesuais ou ven 1€ dia solto.
Conta da ANPA do C.E.I.P Ria De Vigo : nº 2080-5097-35-3040000858  NOVACAIXA  sucursal CANIDO
FAI XA o teu ingreso anual de 12€ por familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario