MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



jueves, 20 de septiembre de 2012

Nota informativa

A Danza Contemporánea e unha actividade nova con diferencias sustanciáis coa Danza Moderna que nos da Maria. Para os que lle interese a actividade  podedes entrar en Internet e ir ó  seguinte enlace, onde poderedes ver unha actuación. A profesora quere un grupo con idades diferentes, dado que é un tipo de danza ximnastica colaborativa.
O Baloncesto e o deporte elexido pola asamblea como deporte do cole, intentaremos promocionar e introducirlo no colexio coma actividade extraescolar. Estará orientado a alumnos do cole de Primaria. Os de Infantil que poidesen estar interesados que o comuniquen o ANPA, e se chegan a formar un grupo intentarase que se desenrole para eles.
A Ludoteca e outra das actividades novas que pretendemos incorporar a oferta extraescolar, tratase  dun servizo de gardería, na que se farán diferentes actividades: manualidades, xogos, etc. Tamén pódese aproveitar para que os nenos fagan individualmente os deberes. Os nenos poderan ser fixos, cun horario semanal estable ou ben esporadicos para o cal os pais terán que vir ó Cole a recoller ó Nen@ a deixalo na Ludoteca. A actividade se desenrolará no local da ANPA e terá un aforo de 10 nenos/día. A actividade será coordinada por Noemi (profesora de manualidades do ano pasado e do campamento de Verán).
Pisciña: As prazas que temos adxudicadas na piscina de Valadares son as mesmas que as do segundo cuatrimestre do ano pasado: Luns 16h (7 prazas); Mércores16h (12 prazas); Xoves 16h (9 prazas); Venres 16h (2 prazas); Venres 18.15h (5 prazas). Tamén faremos una lista de espera para os que queden fora das prazas desexadas e con ela pediremos aumento de prazas na piscina.
As prazas repartiranse o Luns 24 (día da Asemblea) as 17h no local da ANPA POR RIGUROSO ORDE DE CHEGADA. Cada Nai/Pai poderá inscribir 3 nen@s.

Para todas as actividades extraescolares que non sexa piscina e necesario cubrir unha ficha de alta na actividade que se poden recoller no taboleiro da anpa e que ven impresa por detrás dos horarios das actividades, tamen a tedes no blog entregar no buzon da anpa posto na porta do local da anpa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario