MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



jueves, 20 de septiembre de 2012

Nota informativa

O Pagamento farase na conta da ANPA do C.E.I.P Ría de Vigo :
2080-5097-35-3040000858  de NOVACAIXAGALICIA (sucursal CANIDO)
1.- As actividades darán comenzo o día 1 de Outubro e rematarán o 31 de maio de 2013.
2.- E obrigatorio o pagamento da cuota anual da ANPA (12€) para todos os nenos/as que se inscriban tanto nas actividades extraescolares, como no servizo “Espertar xogando”.
3.- Non se admitirá a inscrición nas actividades a ningún neno/a, se os pais teñen recibos pendentes de anos anterior.
4.- A inscrición nas actividades ou en ”Espertar xogando” farase cumprimentando a folla de solicitude que achegamos, debidamente cumplimentada. Poderase mandar polo neno/a e entregarlla o/a tutor.
5.- Os pagamentos das actividades farase antes do día 10 de cada mes  na conta bancaria da ANPA.
6.- As baixas serán comunicadas antes do día 5 de cada mes, no caso contrario deberán aboar o mes completo.
7.- Serán baixa de xeito automático aquelas ou aqueles participantes que non teñan aboados os dous últimos meses.
8.- As novas inscripcións nas distintas actividades implicará comenzar na mesma no 1º día do mes seguinte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario