MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



lunes, 17 de junio de 2013

Decalogo contra A LEI WERT

É unha contrareforma
1.        cargada dunha ideoloxía que semellaba superada.
-          Elimina materias que serven para analizar con espírito crítico a realidade complexa e plural da nosa realidade.
-          Aumenta a presenza e relevancia académica da relixión católica na escola.
-          Resucita orientacións curriculares e instrumentos de avaliación propios da escola do pasado.
-          Retrocede na igualdade entre mulleres e homes, facendo legal a existencia de concertos con centros que segregan por sexo.

2.        sen análise e debate previo.
-          Non se formula como resultante do diálogo e do consenso senón como imposición.

3.        segregadora.
Promove a segreagación do alumnado e dos propios centos ao non ter en conta as condóns socio-económicas de que parten e nas que se desenvolven.
-          Persegue filtrar e seleccionar ao alumnado canto antes para diluir o fracaso escolar e
fornecer man de obra barata ao mercado laboral.
-          Obriga a elixir dende os 12 anos vías formativas que non teñen retorno.

4.        que infravalora o traballo do profesorado
-          O labor avaliativo decisivo queda en mans dos axentes externos que eralizarán as reválidas.
-          As avaliacións só servirán para catalogar e clasificar ao alumnado e aos centros, non para detectar necesidadades educativas.

5.        Dinamita os dereitos laborais do profesorado.
-          Degrada as condicións materiais de traballo docente, aumenta a carga lectiva e as ratios, reduce medios e programas de apoio, impón recortes en bolsas, comedores e libros de texto, conxela ou reduce os salarios, despide masivamente profesorado interino, penaliza salarialmente as baixas laborais e deixa de cubrilas se son por un período inferior a 15 días, etc.


6.        introduce a xestión empresarial nos centros.
-          O director, elexido pola administración,  poderá seleccionar o profesorado do centro.
-          Restrinxe a participación da comunidade educativa na xestión democrática dos centros, facendo dos Consello Escolares órganos só consultivos na maior parte dos asuntos.
-          Aposta por unhas escolas xestionadas con parámetros de empresa privada.
-          Fomenta a idea da competitividade en detrimento doutros principios como o beneficio social, a cooperación e a compensación das desigualdades.

7.        fomenta a desigualdade de oportunidades.
-          Establécese un mecanismo de clasificación dos centros baseado nos resultados académicos do alumnado, sen ter en conta outros factores relevantes.
-          Atribúense máis fondos ás escolas de mellores resultados nas reválidas, no canto de favorecer aquelas que teñen que atender alumnado con maiores dificultades e necesidades educativas e deben traballar en contextos socio-económicos menos favorables.
8.        só favorece á empresa privada.
-          Cede a xestión dos centros públicos a entidades privadas.
-          Os centros privados poden seleccionar máis ao seu alumnado.
-          Esténdense os concertos á nova FP básica.

9.        cambia o currículo.
-          Dos currículos redúcese, ata case eliminalo, todo saber que eduque no pensamento crítico e na autonomía persoal.
-          Consagra a preminencia do castelán perante as outras linguas.

10.        busca a recentralización e a falsa autonomía de centros.
-          Auméntase a porcentaxe de contidos que marca o Estado e diminúe polo tanto a porcentaxe de contidos que escollía a nosa administración educativa.
-          A imposición das reválidas priva da autonomía pedagóxica ao profesorado ao estar o proceso de ensino-aprendizaxe supeditado a “superar” as mesmas.


jueves, 13 de junio de 2013

paremos a LOMCE

CLASISTA
A LOMCE recorre a un perigoso concepto de “talento”, intentando culpar á xenética do clasismo e racismo que caracteriza á nosa sociedade; ignorando que os intereses, capacidades e destrezas humanas son o resultado do contexto e das condicións nas que vivimos as persoas.

É, polo tanto, unha lei destinada a expulsar do sistema ao alumnado dos grupos sociais máis desfavorecidos, cuns “talentos” que se lles fará ver que non son los axeitados e pertinentes.

SEXISTA
Permite colexios segregados por sexo, aducindo unha declaración da UNESCO de 1960 e ignorando convencións posteriores aprobadas pola ONU e sentencias do tribunal constitucional, e dando as costas a unha das manifestacións máis evidente de diversidade: a diferenza sexual.


COMUNIDADE EDUCATIVA “VIGO SUR”. INICIATIVA VENRES NEGROS

lunes, 10 de junio de 2013

Manifesto encontra da LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estase a mobilizar contra o anteproxecto  de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática,  e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade.

É un anteproxecto recentralizador e españolizador, que lle facilita ao alumnado, se é necesario, a matriculación nun centro privado, pagado por todos e todas nós, para evitar a súa escolarización no noso idioma. Procura o máximo control dos contidos a través do Goberno central, uniformiza mediante as reválidas, desterra a nosa lingua ao rango inferior na clasificación que prevé para as materias, situándoa por detrás da Relixión ou dunha segunda Lingua estranxeira, negándolle así o lugar que lle corresponde nas materias troncais, entre as que están a Lingua española ou Inglés. Impón  un modelo lingüístico que elimina o ensino en galego e invade as cativas competencias que temos coa intención de afastar totalmente o ensino da nosa realidade social, histórica, cultural e lingüística.

Medidas como estas non só van repercutir negativamente no ensino público, senón que van fortalecer o ensino privado concertado que se verá favorecido coa creación de centros de excelencia, mediante a  selección do alumnado. Blíndanse os concertos económicos cos centros privados, mesmo con aqueles que segregan o alumnado por razón de xénero, malia existir sentenzas que ditaminan a súa ilegalidade.

É un anteproxecto profundamente antidemocrático, que traslada o sistema de xestión empresarial ao ensino. Elimina o Consello Escolar como órgano de goberno. A dirección será elixida pola administración e terá plenos poderes.

Liquida a igualdade de oportunidades ao impor un sistema de continuas barreiras selectivas para que só unha minoría acceda aos estudos postobrigatorios e universitarios. É unha lei elitista, clasista e segregadora, xa que estabelece reválidas para poder acceder á titulación correspondente en 4 de ESO e en Bacharelato. Pretende crear, mediante os programas de calidade e especialización curricular, diferentes categorías de centros e atender, con máis recursos e medios, aqueles que mellor resultados acaden, previa selección do alumnado, no lugar de procurar que todos os centros conten cos recursos necesarios para que todos e todas, con independencia da súa procedencia social ou xeográfica, reciban unha  formación de calidade.

Información Marea Verde Vigo‏

MAREA VERDE VIGO quere informarvos das actividades en contra dos recortes en Educación e a LOMCE, e a prol da aprobación dunha lei de educación pactada e consensuada pola comunidade educativa.
Son un grupo de profesores e profesoras do ensino público non adscritos a ningún partido ou sindicato que levamos unhas semanas mobilizados en contra da política educativa do goberno, tal e como están a facer durante todo o curso os centros do Val Miñor (http://mareaverdedoensino.blogspot.com.es/).
A principal iniciativa de mobilización son os Venres Negros: todos os venres o profesorado, nais e pais e alumnado manifestan na rúa, á hora do recreo ou á entrada, o seu descontento coa política educativa do Goberno e da Xunta. Ademais recoméndase asistir vestidos de negro ás aulas. De xeito comp lementario estamos a crear e distribuír material gráfico (pancartas, carteis, adhesivos, murais nos centros,...) que axuden a facer visible o noso descontento.
Tamén recomendamos que os claustros dos centros tomen posición en contra da LOMCE, tal e como xa fixo a asemblea de directores e como teñen previsto facer moitos centros no claustro final de curso. Tendo en conta isto consideramos necesario informar ás familias das razóns desta postura, polo que animamos a convocar unha mesa redonda en cada centro aberta á participación das ANPAS, sindicatos de profesores e alumnos,...
Como a loita contra a LOMCE e os recortes ha de continuar no vindeiro curso animamos a toda a comunidade educativa a unirse a esta iniciativa en defensa do ensino público informándose, facéndose visibles e participando activamente nesta ou noutras convocatorias. Queremos convidar ao profesorado do ensino público de Vigo que queira participar, colaborar ou informarse das nosas propostas a que acudan o vindeiro martes 11 de xuño ao IES ALEXANDRE BÓVEDA (rúa Baiona), onde terá lugar a primeira xuntanza da MAREA VERDE VIGO aberta á comunidade educativa. Agardamos facela ao redor das 21:00 h., despois dunha mesa redonda coas familias de dito centro. Nesta xuntanza falarase de futuras mobiliza cións en defensa da ensinanza pública, coma por exemplo a CADEA HUMANA que terá lugar o 15 de xuño en  praia america.
Podedes poñervos en contacto no mail mareaverdevigo@gmail.com e no blog mareaverdevigo.blogspot.com, coa idea de sumar esforzos, ou tamén podedes optar por iniciar vós mesmos unha mobilización no voso centro. O importante é non quedar calados diante de leis inxustas e non pactadas

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA


O vindeiro Sábado 15 de Xuño celebraremos  no cole a Festa Fin de Curso.

O Programa será o seguinte:
 
 
11:30 h. Comenzo da venta das Rifas para dous grandes premios: un xamón e un PlayMovil

12:00 h. Actuación de Danza.

13:00 h. Exhibición de Ximnasia acrobática (Flic-Flac)

13:30 h. Actuación de Danza Contemporánea.

13:45 h. Exhibición Baloncesto.

14:00 h. Xantar (Podedes traer a comida da casa ou mercala

na tenda da ANPA, haberá empanadillas, pizzas, bocadillos, bebidas, e CARNE ó CALDEIRO)

15.30 h. Concurso de Postres (degustación e votación de todos os asistentes á Festa e Entregas do Premio ó gañador)

14.30-17.30 h. Inchables. (Un dos inchables será de AUGA)

17:00 h. Actuación de Taekwondo.

17:30 h. Actuación do grupo de Teatro “Os Golfiños Titeriteiros”

17:55 h. Entrega dos premios das Rifas.

18:00 h. Actuación do grupo de ANIMACIÓN-MUSICAL.

19:30 h. Saída cara o Vao para participar na concentración de protesta contra a     LOMCE.


Animámosvos a acudir a festa do Cole deste ano: asistindo e participando nas distintas actividades e actuacions, disfrutando a hora de xantar dun delicioso prato de CARNE Ó CALDEIRO. Deste xeito poderemos estar, aínda que sexa un só día o ano, todos xuntos no cole e pasar un bo rato, mentres nosos fillos o pasan en grande coas actividades.

Podedes traer a comida de casa o poderedes mercarla na tenda da ANPA. Haberá Carne ó Caldeiro, empanadillas, pizzas, perritos, bebidas, etc. Tende en conta que o recaudado na tenda servirá para sufragar as actuación e os gastos da Festa.

Ademais celebraremos o III Concurso de Postres do Ria de Vigo. Todo aquel que queira participar só terá que traer un Postre Caseiro que estará exposto para que o probe e vote todo aquel que queira. O gañador levará un gran premio.

Haberá dous grandes Inchables pero un deles terá Auga polo tanto quen queira subirse nel deberá traer bañador e toalla para secarse… ¡ Non o perdades !!

Este ano venderemos Rifas para conqueirir dous grandes premios: por unha banda un gran Xamón e pola outra un PlayMovil.

Tamén as 16.00 h faremos unha merecida homenaxe a Bieito e a Montse, para o cal pedimos a colaboración de todos e transmitades a alumnos e ex alumnos que acudan para facer unha foto conxunta.

Recordade que a Festa rematará as 19.30h para que podamos sair todos xuntos cara a Praia do Vao e participar na concentración de protesta en contra da LOMCE que convoca a Plataforma Vigo Sur e a FOANPAS, das que formamos parte. Recomendamos ir de negro ou verde e para isto a ANPA mercou camisetas verdes co logo defensa da escola publica. Estarán a venda na festa ó prezo de 3 €.

Tamén estarán a venda (en liquidación) as camisetas azuis do cole (Eu son do Ría) a un prezo único de 5€.

 

¡¡ VOS ESPERAMOS ¡!

martes, 4 de junio de 2013

contra a ley wert, contra a LOMCE

ANTIDEMOCRATICA
A LOMCE é unha Lei que anula o funcionamento democrático dos centros escolares. As familias, profesorado, alumnado e PAS representados no Consello Escolar, perden a súa capacidade de decisión. Na maior parte dos asuntos a tratar, o Consello Escolar terá unicamente un carácter consultivo
 
ANTISOCIAL
A LOMCE é unha Lei que fomenta a idea da competitividade como principio básico do sistema educativo, en detrimento doutros como o beneficio social, a cooperación, a colaboración e a compensación das desigualdades.

COMUNIDADE EDUCATIVA “VIGO SUR”. INICIATIVA VENRES NEGROS